Cunha xornada sobre Sete séculos de creación literaria en galego, este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa intención de promover "a creatividade e o pensamento libre fomentando espazos de traballo e debate dende Galicia, en interacción coa cultura global", segundo apunta o propio foro.
A nova entidade pretende desenvolver foros de reflexión sobre diferentes temas e anuncia "un Plan de Mentorización para a orientación da xente máis nova". Coa produtora audiovisual Zaza Ceballos como presidenta, o Foro contra entre os seus membros coa inmunóloga África González, o forense Ángel Carracedo, o físico Jorge Mira, a enxeñeira da telecomunicación Edita de Lorenzo, a editora Laura Rodríguez Herrera, a administrativa Teresa Carballeira, o xornalista Alfonso Cabaleiro, a secretaria xeral da Universidade de Vigo María José Bravo ou o empresario e consultor Pati Blanco, entre outros membros.
A xornada sobre as primeiras creacións literarias na nosa lingua estrea a actividade de Galicia Crea. O encontro que se desenvolve no compostelán Pazo de San Roque conta con relatorios a cargo de Mercedes Brea, do profesor de Universidade de Porto José Augusto de Sottomayor Pizarro, Elvira Fidalgo Francisco, Santiago Gutiérrez García, Gema Vallín Blanco, Manuel Ferreiro ou Leticia Eirín. Para alén no foco nas composicións trobadorescas medievais, a cita inclúe unha mesa redonda sobre o presente e o futuro da creación poética na Galicia de hoxe con Yolanda Castaño, Adrián Maceda e Helena Salgueiro.