Nace Boadicea Editora para publicar fantasía e ciencia ficción en galego

A editora conta xa coa novela Ubik no seu catálogo e anuncia os libros de Terramar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace Boadicea Editora para publicar fantasía e ciencia ficción en galego

Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López son os responsables de Boadicea. Esta nova editorial nace coa intención de "consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego" centradas nos "eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros".

Entre os primeiros títulos do catálogo da firma está a novela Ubik, de Philip K. Dick, en tradución á nosa lingua de Tomás G. Ahola. Canda a esta, anuncian o vindeiro lanzamento dos seis libros que compoñen a saga Terramar, de Úrsula K. Leguin.

Ademais, Boadicea recupera a colección "A miña primeira novela de...", que publicaba ata o momento a firma Contos Estraños. En total son seis títulos que abranguen os xéneros de fantasía épica, piratas, cabaleiros, maxia, o oeste e ciencia ficción e que xa están dispoñibles.

Na súa declaración de intencións, a editora sinala o seu interese por priorizar "as traducións de autores e autoras máis actuais de fantasía, ciencia ficción e medo que non teñan obra vertida ao galego" e realizadas por especialistas en lingua e literatura. Canda a isto, destacan a aposta por empresas galegas para as súas producións e o interese por publicar autoras e autores do país.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Manuel Dopazo, Tradución, Piratas...