Nace Punto G Edicións

O clan do oso das cavernas é o primeiro lanzamento da nova editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de O clan do oso das cavernas

Capa de O clan do oso das cavernas

Punto G é a máis recente incorporación ao panorama editorial galego. Coa intención de "sintonizar cos gustos maioritarios das persoas afeccionadas a ler" a editora inicia a súa actividade co lanzamento de O clan do oso das cavernas, de Jean M. Auden. Esta novela, un dos maiores éxitos literarios internacionais dos últimos treinta anos, sae á venda na nosa lingua con 506 páxinas a un prezo de vinte euros. A editora anuncia a súa intención de continuar a publicación dos seis volumes que compoñen a saga Os fillos da terra.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves