Unha unidade didáctica aborda a literatura fantástica en galego

É parte da exposición Do soño á apocalipse da Biblioteca de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
Alba Rozas e Anxo Lorenzo. Foto: Xunta

Alba Rozas e Anxo Lorenzo. Foto: Xunta

A exposición Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego, que se pode visitar na Biblioteca de Galicia ata marzo de 2025, conta cunha unidade didáctica estreada hoxe. O manual, presentado por Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, está dirixido ao alumnado de secundaria e inclúe actividades para o último ciclo de primaria. Permite "ampliar os coñecementos respecto da literatura galega nos xéneros da fantasía, a ciencia ficción e o terror", mesmo destacando as achegas de autores como Vicente Risco, Castelao, Ánxel Fole, Rafael Dieste ou Álvaro Cunqueiro, así coma os nosos contemporáneos. A unidade está realizada por José Manuel Dopazo e Alba Rozas, de Boadicea Editora. Alba Rozas é tamén comisaria da exposición.

Que che parece esta nova?
119 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xenealoxía do fantástico

Xenealoxía do fantástico

Falamos coa profesora Dolores Vilavedra sobre a presenza da fantasía na literatura galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Biblioteca de Galicia, Rafael Dieste, Manuel Dopazo...