A exposición 'Alba de Gloria' volve ampliarse ata o 17 de marzo

Foi visitada por 15.000 persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

Despois dunha primeira prórroga ata o 3 de marzo, o CCG decidiu ampliar o tempo da exposición "Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia" ata o 17 de marzo, domingo inclusive. Alba de Gloria foi visitada por 15.000 persoas desde a súa inauguración en novembro de 2018, con 150 grupos organizados e 10.000 copias do discurso repartidas aos visitantes. As cifras, xunto cos 40.000 visitantes que tivo a exposición "Castelao maxistral" da Cidade da Cultura, clausurada o pasado domingo 3 de marzo, revelan o gran interese pola figura de Castelao e a súa obra.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Cidade da Cultura de Galicia, Consello da Cultura Galega