Este 2018 cúmprense 70 anos de que Castelao pronunciara, no Teatro Argentino de Buenos Aires, un 25 de xullo de1948, o que logo serÃa un dos seus discursos máis famosos: Alba de Gloria. Tratábase dunha alocución que evocaba o rico pasado histórico de Galicia e reivindicaba o papel do pobo no seu futuro. Para conmemoralo, o Consello da Cultura Galega organizou a exposición "Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia", na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A mostra, comisariada por Manuel Gago, busca explicar as orixes do discurso, o contexto cultural, social e polÃtico no que foi pronunciado. Pero tamén busca facer compartir aos visitantes a emoción dos que primeiro escoitaron o discurso. E farao a través dunha experiencia virtual, na que o propio Castelao, reconstruÃdo en detalle para a ocasión, guiará aos usuarios a través de varias pasaxes do discurso. Recreacións sonoras, labirintos e interactivos completan esta mostra que busca presentar este senlleiro texto da nosa cultura de maneira novidosa. A mostra inaugúrase o mércores 7 de novembro e estará aberta ata o 3 de febreiro. Os institutos interesados en visitar a mostra poden solicitalo en albadegloria@consellodacultura.gal.
Neste vÃdeo podes ver un avance do proceso de recreación de Castelao:
Neste vÃdeo podes ver un avance do proceso de recreación de Castelao: