A exposición Alba de gloria comeza a súa itinerancia en Rianxo

Pódese visitar no Auditorio da vila ata o 17 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Visitantes na exposición "Alba de gloria. Unha experiencia", en Riaxo. Foto: Sole Felloza

Visitantes na exposición "Alba de gloria. Unha experiencia", en Riaxo. Foto: Sole Felloza

A exposición "Alba de gloria. Unha experiencia", que difunde o máis coñecido discurso de Castelao, pronunciado en 1978 diante da comunidade galega no Teatro Argentino de Bos Aires, iniciou onte a súa itinerancia por Galicia na vila natal do escritor, Rianxo. A exposición, promovida polo Consello da Cultura Galega e organizada polo concello de Rianxo, poderase visitar ata o 17 de xullo no Auditorio de Rianxo no horario de apertura do edificio. Os visitantes poderán participar na experiencia de realidade virtual que permite interactuar co propio Castelao e mergullarse no imaxinario do discurso. Coincidindo coa inauguración, o artista 3D Pablo Aparicio explícanos, ademáis, o proceso de recreación da propia figura de Castelao.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Teatro, Concello de Rianxo, Consello da Cultura Galega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares