Nunha escala global, aos galegos interésalles máis a cultura, a alimentación, o consumo, a saúde ou a medicina que a ciencia. Pero a ciencia interésalles máis que a economÃa, a polÃtica, ou os deportes, entre outros temas. Asà o inclúe o informe "Percepción social da ciencia e da tecnoloxÃa en Galicia", difundido hoxe polo Consello da Cultura Galega. Os datos, procesados polo Observatorio da Cultura Galega a través da Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a TecnoloxÃa da Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa (FECYT), indican un menor interese en xeral pola ciencia en Galicia cando se pregunta por temas de interese mencionados de xeito espontáneo (9,9% en Galicia fronte a un 12,3%) pero sen embargo, o público galego participa moito máis de actividades vinculadas coa ciencia e a tecnoloxÃa (especialmente a divulgación cientÃfica) que no ámbito español, nunha escala notablemente superior á media española. Deste xeito, fálase de ciencia con amigos e familiares un 73,1% fronte a un 61,4%, visÃtanse museos especializados (42,4% en Galicia fronte ao 31,3% no Estado) ou consúmense programas de radio ou TV sobre ciencia e tecnoloxÃa (un 62,5% fronte ao 57,4% español). A participación ademais, en todo este tipo de actividades, desde visitas a museos a outras accións, continúa tamén a se incrementar. Os galegos asocian a progreso, medicina, saúde e loita contra as enfermidades, aÃnda que tamén a que é aburrida e pouco interesante. A profesión de cientÃfico valórase positivamente, aÃnda que por debaixo dos profesionais da medicina, educación e enxeñarÃa. O estudo sinala que un 66% consideran que estamos máis atrasados que o contexto europeo nos investimentos en ciencia.