
Centrada no legado dun dos creadores máis importantes do século XX e máximo expoñente da Arte Povera, esta primeira exposición temporal conxunta entre ambos centros manterase ata o 30 de agosto no espazo balear para despois verse no CGAC, en Santiago de Compostela, a partir do 25 de setembro de 2026 ata o 21 de febreiro de 2027. O propi Davir Barro é comisario da mostra, que reúne creacións procedentes de coleccións particulares españolas e internacionais, datadas entre 1993 e 2013.






