A Fundación Barrié cede un importante fondo de arte a un museo de Mallorca

Durante catro anos Es Baluard Museu disporá para a súas exposición de 49 obras da colección galega

Durante catro anos Es Baluard Museu disporá para a súas exposición de 49 obras da colección galega
Pilar Romero Vázquez-Gulías, presidenta da Fundación Barrié e David Barro, director de Es Baluard Museu durante o acto da sinatura do comodato na sede da Fundación Barrié. © Fundación Barrié
A Fundación Barrié e Es Baluard Museu de Palma de Mallorca veñen de asinar a cesión en comodato de 46 obras pertencentes á Colección de Arte Internacional da fundación galega para a súa exposición no museo balear, actualmente dirixido polo galego David Barro. Esta cesión, sen contraprestación económica faise por un período inicial de catro anos prorrogables. O acordo permitirá a Es Baluard incluír as obras dentro da súa programación anual e a primeira ocasión na que se exporán algunhas delas será en 2025 dentro das exposicións temporais 'Nachleben. La pintura como arte conceptual' e 'Jessica Stockholder. Cardinal Directions'.

A Colección Arte Contemporáneo da Fundación Barrié, iniciouse no ano 2008 e xustamente David Barro exerceu como asesor de adquisicións, polo cal ten un vasto coñecemento do fondo. Entre os artistas representados nesta cesión, un total de 39, están: Ignasi Aballí; Albano Afonso; Herbert Brandl; Jean-Marc Bustamante; Pedro Calapez; Sandra Cinto; Paulo Climachauska; Carlos Correia; Gil Heitor Cortesão; José Pedro Croft; Ángela de la Cruz; Helmut Dorner; Curro González; Carlos Irijalba; Jonathan Lasker; Sol Lewitt; Rita Magalhães; Ana Manso; Fabian Marcaccio; Tracey Moffat; Miquel Mont; Nico Munuera; Álvaro Negro; Frank Nitsche; Yves Oppenheim; João Penalva; Perejaume; Fiona Rae; Andrei Roiter; Simeón Saiz Ruiz; Néstor Sanmiguel Diest; Ana Santos; Adrián Schiess; Shinique Smith; Teo Soriano; Jessica Stockholder; Alain Urrutia; Daniel Verbis e Otto Zitko.