David Barro dirixirá o Museo de Arte Contemporáneo de Palma

A súa foi a proposta máis valorada pola comisión de valoración do concurso público á para de dirección

David Barro   Fonte: CCG / Teresa Navarro
David Barro Fonte: CCG / Teresa Navarro
O xestor cultural e comisario de arte David Barro (Ferrol, 1974) ven de acadar a praza de director de Es Baluard, o Museo de Arte Contemporánea de Palma de Mallorca. A institución fixo público o pasado sábado o resultado das puntuacións que sinalaba a Barro pola máis alta valoración do seu proxecto. A Comisión executiva e o Padroado de Es Baluard ratificarán a súa elección. Barro deixará polo tanto a dirección da Fundación DIDAC, que viña exercendo desde 2017. David Barro ten unha experiencia de 25 anos no sector artístico e cultural, foi director xerente da Fundación Luis Seoane (2014-2016), asesor da Fundación Barrié e responsable da súa colección de pintura contemporánea (2008-2013)e entre os seus traballos máis recentes e coñecidos está a xestión artística da exposición 'Galiza. Processos e formas', coa que Galicia representou a España como país convidado da Porto Design Biennale. A avaliación das candidaturas estivo a cargo dunha comisión conformada por Guillermo Solana, director do Museo Thyssen-Bornemisza Madrid; Fernando Castro Flórez, crítico de arte; Neus Cortés; Bernardí Roig e Alícia Ventura.