David Barro recibirá o premio da Fundación Manolo Paz

A entidade celebra a súas xornadas o vindeiro 23 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
David Barro. Fonte: Perfil do comisario en X

David Barro. Fonte: Perfil do comisario en X

A Fundación Manolo Paz de Cambados outorgoulle o seu premio anual ao comisario e actual director do Museo de Arte Contemporánea de Palma de Mallorca David Barro. O galardón recoñece as contribucións á conservación e mellora da paisaxe e mais a difusión da arte. No caso de Barro, valorouse a súa traxectoria no campo "da arte e do deseño, a innovación cultural e o desenvolvemento sustentable".

O galardoado recibirá o premio o vindeiro 23 de agosto no marco das IX Xornadas Fundación Manolo Paz, onde impartirá unha conferencia co título Dentro e fóra do museo.

Este encontro contará ademais cunha actuación musical a cargo de Faia Díaz e Benxamín Otero e mais da exposición Mariscadoras a cargo do fotoxornalista cambadés Adrián Baúlde. Esta mostra amosa desde o comezo deste mes sete fotografías de grande tamaño, das cales catro estarán expostas no exterior da fundación, coa propia ría onde traballan das mariscadoras como fondo.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manolo Paz, David Barro, Paisaxe, Cambados...