David Barro dimite como director artístico de Espazo Atlántico

A feira nacía como unha oportunidade para a arte galega

“No que respecta ás razóns do meu abandono, a principal é que estimo necesaria a renovación deste tipo de cargo, cando existe unha excesiva visibilidade persoal como a que tiven no meu labor como director artístico” así explica David Barro a súa decisión de abandoar a dirección artística de Espazo Atlántico, a feira de arte contemporánea galega que acaba de pechar as súas portas. Barro alude a razóns “estritamente profesionais” incompatibles no seu labor de crítico e comisario co proxecto de dirección e avoga por unha “renovación do equipo e un mellor reparto de responsabilidades”. O proxecto foi creado pola empresa madrileña Scarpellini Proxectos que contratou a Barro para converter Puro Arte en Espazo Atlántico.