Espazo Atlántico desenvolverase do 7 ao 10 de abril de 2011

A feira contará cun comité asesor que se encargará da selección de galerías

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Comezou chamándose Puro Arte; despois anunciou a creación dunha colección propia (que albergará o MARCO), mudou de nome e de filosofía reconverténdose en Espazo Atlántico; e contou con David Barro como director artístico. Pero ao final desta edición Barro anunciu a súa dimisión malia que seguirá vencellado ao proxecto. Na vindeira edición (do 7 ao 10 de abril) a feira de arte contemporánea de Vigo contará cun comité asesor que se encargará, entre outros cometidos, da selección de galerías. O comité está integrado pola nova directora artística, Pilar Ribal, David Barro e unha serie de galeristas de Galicia e Portugal, entre os que destacan Inés Ramiro de Adhoc e Asunta Rodríguez da Galería Trinta.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Atlántico, Feira, David Barro...