A feira de arte de Vigo reorienta a súa estratexia para converterse nunha referencia internacional

O encontro terá lugar entre o 14 e o 18 de xaneiro

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Entre o 14 e o 18 de xaneiro, Vigo terá unha cita coa arte. Será nesas datas cando se desenvolva unha nova edición da feira de arte contemporánea que abandona o nome de Puro arte para chamarse Espazo atlántico. Non é o único cambio, xa que o encontro renova a súa imaxe ao tempo que endurece as condicións de participación para as galerías, xa que pretende ser un encontro de referencia internacional. Entre as novidades, destaca a presenza de David Barro, que asume a dirección artística da feira. En canto á participación de representantes galegos no encontro, chegouse a un acordo de colaboración coa Asociación Galega de Galerías de Arte, que garante a presenza de galerías como Trinta, SCQ, Bacelos, C5 Colección/Factoría Compostela.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Galicia xa ten o seu ARCO

Galicia xa ten o seu ARCO

Empeza Espazo Atlántico co obxectivo de converterse na referencia da arte contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Vigo, David Barro, Galerías de arte...