Só tres galerías galegas participarán en ARCO

Bacelos e PM8 fican na no programa xeral, mentres Ad Hoc asiste á sección #SoloProjects

A presenza galega na Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid, ARCO, segue á baixa. A vindeira edición do encontro, que se celebrará entre o 24 e o 28 de febreiro do vindeiro ano, contará unicamente con tres galerías galegas, todas elas de Vigo. Ao igual que o pasado ano, Bacelos, PM8 e Ad Hoc representarán o galerismo do país no principal evento do Estado dedicado ao mercado da arte contemporánea. No entanto, a última destas galerías abandona o programa xeral e pasa a visitar o evento no marco da sección #SoloProjects, o que supón unha diminución clara na pegada galega nesta feira.