
En paralelo, medra a presenza de espazos do noso paÃs en citas alternativas como Art Madrid, que tamén comeza o 22 de febreiro. Canda á xa habitual Moret Art, repite por segundo ano a galerÃa Montenegro e incorpórase por vez primeira LuÃsa Pita, galerÃa que continúa o proxecto da compostelá Bus Station Space. Outra cita alternativa, JustMad, que comeza hoxe, mantén a presenza de Metro, mentres o novo espazo lugués Iskoo colle o relevo de Marisa Marimón no encontro. Finalmente Trinta mantén a súa aposta por Drawing Room, encontro especializado en debuxo.