Catro galerías galegas participarán en ARCO en 2014

PM8 de Vigo achégase por primeira vez á feira madrileña

20/11/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces

A edición 2014 de ARCO, a Feira de Arte Contemporánea de Madrid contará coa presenza de catro galerías galegas, unha máis do que no pasado ano. As viguesas Ad Hoc e Bacelos e a compostelá Trinta, xa habituais no evento, estarán este ano acompañadas no programa xeral da tamén viguesa PM8, que se estrea na feira. O recoñecido evento internacional de arte celebrarase no IFEMA entre o 19 e 23 de febreiro de 2014, cunha sección especial dedicada a Finlandia. Ademais, no apartado Opening, participarán galerías seleccionadas por Luiza Teixeira de Freitas e o comisario galego Manuel Segade.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos