Logo da experiencia do ano pasado, en que catro galerías do noso país participaron na Feira Internacinoal de Arte Contemporánea (ARCO) de Madrid, a presenza galega nesta cita baixa. Desta volta serán unicamente tres as firmas galegas que participarán no encontro, que se vai celebrar entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo de 2015. En concreto estarán presentes as viguesas Ad Hoc, Bacelos e PM8, coa ausencia destacada de Trinta, que voltara ao encontro en 2014 logo de anos sen asistir. Segundo informa a galería compostelana, malia aos bos resultados da última edición a organización non seleccionou o seu proxecto para a nova xeira. A 33 edición da feira contará cun total de 212 firmas de 30 países, das cales só un terzo chegan desde España. O país convidado na vindeira edición será Colombia.
A representación galega en ARCO volta caer a tres galerías
A compostelá Trinta non estará presente no evento en 2015
1 lecturas | Compartido 0 veces

