Bacelos, C5 e Adhoc son as galerías galegas presentes en ARCO09

O país convidado desta edición será a India

19/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A 28 edición de ARCO, a feira de galerías máis relevante do Estado, comeza a súa conta atrás. Onte presentouse o programa oficial dun evento que se desenvolverá entre o 11 e o 16 de febreiro e no que a India será o país convidado. Nesta ocasión, despois da renuncia explícita da Galería Trinta por desacordo co rumbo da feira, a presenza galega está conformada polas viguesas Ad Hoc, C5 (que formará parte de Performing ARCO) e Bacelos. ARCO 09 contará con 250 galerías procedentes de 31 países así como diferentes publicacións relacionadas co mundo da arte.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, ARCO, India, Feira...

Claves

Conceptos
Lugares