SCQ regresa a ARCO, que contará coa presenza de Adhoc e Bacelos

A cita será do 16 ao 20 de febreiro

22/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Malia o recurte do número de galerías presentes na nova edición de ARCO (un trinta por cento menos), no 2011 increméntase a paticipación galega. SCQ regresa á feira de galerías máis destacada de todo o panorama estatal. Farao no marco do programa xeral, onde tamén estará Adhoc, a galería viguesa que segue fiel a esta cita. No marco de ARCO40, para postos de corenta metros cadrados, estará a galería viguesa Bacelos. A cita madrileña será do 16 ao 20 de febreiro e contará con Rusia como país convidado.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Galería, Feira, Rusia...