As galerías preparan con novos artistas a súa presencia en Arco 05

Tensar o arco

19/1/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Arco é a feira de arte a que toda galería de arte contemporánea quere asistir. Ad Hoc e Bacelos desde Vigo, Marimón desde Ourense e as santiaguesas Trinta e SCQ xa teñen ultimadas as listaxes de autores que levarán a Madrid do 10 ao 14 de febreiro. Entre os habituais Salvador Cidras, Vicente Blanco, Álvaro Negro (coa galería Marimón), Suso Fandiño, Xurxo Oro (Ad Hoc) ou Chema Madoz (Bacelos), entre outros, figuran artistas novos que comezan a despuntar na arte contemporánea. As galerías, que teñen un gastos de participación mínimos de 15.000 euros na feira, contarán este ano cunha axuda económica da Consellaría de Cultura. Esta edición de ARCO acollerá a 289 galerías de 35 países e México é o país convidado.

Máis información sobre a última edición na nosa hemeroteca e no web da feira

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Galería, Feira, Suso Fandiño...