Esta tarde comeza a primeira edición de Espazo Atlántico, a feira de arte contemporánea do noroeste peninsular. Un encontro que nace cunha intención ambiciosa, de ser unha feira de referencia a nivel internacional que exhiba as últimas creación de artistas de primeira liña. David Barro, director do encontro, aproveitou os puntos fortes de Puro Arte, a feira na que se asenta esta nova proposta, para presentar un encontro reforzado que xera o entusiasmo de galerÃas, institucións e axentes do sector.
GalerÃas consagradas a nivel estatal, galerÃas de referencia que renunciaron a estar presentes nesta edición de ARCO, entidades pequenas de traballo máis modesto, espazo VIP (patrocinado e organizado por Purificación GarcÃa), conferencias sobre o coleccionismo (público e privado), sobre a as dificultades da programación e, sobre todo, moita arte. Espazo Atlántico é un punto de encontro da creación contemporánea que se está a facer en Galicia. Pero é moito máis que iso, é o encontro que permitiu unir a galerÃas (a través da Asociación Galega de GalerÃas), institucións públicas e privadas (Xunta, deputación, concello xunto con asociacións de entidades financeiras) nun encontro que se presenta como unha oportunidade para a creación contemporánea galega. David Barro, director deste encontro e alma máter do cambio experimentando pola feira, fala de que pode ser “un punto de inflexión da arte galega porque creo que o sector está reprentado en Galicia, existe un número de artistas importante, hai un interese común e todo iso se produce nun momento de crise como este, dependerá de somos quen de manter o pulso”. A feira ten todos os ingredientes para que funcione: hai nomes de referencia nos artistas expostos, calidade nas galerÃas escollidas, unha boa organización herdada do que foi Puro Arte, un interese común e moito entusiamos por parte das galerÃas. Agora só se falta que cheguen as vendas e para iso haberá que agardar ao domingo.
A colección
David Barro explica que “tomando como punto de partida a idea da Fundación Arco que naceu para axudar ás galerÃas de fóra de España no ano 1987 a que puideran asistir a ARCO e non fora un gasto excesivo, eu propuxen que Espazo Atlántico tivera unha colección cunha filosofÃa de partida semellante”. A titularidade e os fondos económicos (que aÃnda non se especificou a cifra exacta da partida que se destina a tal fin) depende de Scarpellini Proxectos, a empresa que puxo en marcha hai tres ano Puro Arte e que contratou a David Barro hai uns meses para darlle un novo aire a feira. A colección estará depositada no MARCO por un prazo de cinco anos, prorrogable a dez. Pero o centro non será un mero almacén senón que, como explica Barro, “o que se pretende é que as obras que se merquen, ademais de ter unha proxección internacional, que non hai ningún tipo de acotación cronolóxica nin conceptual e que sigan un pouco a liña programática que ten o MARCO, é dicir, que teña que ver co que se está programando”.
O programa paralelo
Ademais do espazo destinado a galerÃa, que está montado pola mesma empresa que se encargou da montaxe de ARCO en diferentes ocasións, destaca un intenso programa social que inclúe foros de expertos (sobre o coleccionismo privado e o institucional), mesas redondas (sobre as dificultades e vantaxes de programación de espazos) e visita pá Fundación RAC, ao MARCO, ao CGAC e ao Museo do Mar. Un intenso programa que se complementa coa colaboración que Espazo Atlántico fai coa Fundación IgualArte de Vigo o para o desenvolvemento individual de persoas con minusvalÃas a través da arte.
O futuro
O peso do traballo desta edición recaeu en David Barro, que foi o encargado de presentar o proxecto a galerÃas, institucións e axentes e darlle a volta ao que no seu momento foi Puro Arte. Pero ese labor de selección e incrementar a calidade e o prestixio das galerÃas que se integran neste espazo será, no futuro, responsabilidade do comité asesor. Un equipo de 14 persoas entre as que destaca o propio David Barro, directores de fundacións como a RAC, Luis Soeane, Laeiro, MarÃa José Jove ou Pedro Barrié de la Maza, de galerÃas como adhoc, Pedro Cera e museos como o CGAC ou o MARCO. “Seá no fuuro cando o seu labor consultivo tomará especial relevancia” asegura David Barro.