O MARCO xa ten colección

A vindeira edición de Espacio Atlántico desenvolverase no mes de abril

25/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Son só sete obras pero marcan o inicio dun camiño. Desde hoxe, o MARCO de Vigo xa ten colección de arte. Non é propia, senón en depósito que lle cede a feira Espazo Atlántico pero que estará perfectamente imbricada coa orientación do museo nas futuras exposicións. Os termos da cesión figuran no convenio asinado hoxe entre a directora da feira, Marta Scarpellini (despois de que David Barro deixara o cargo) e o alcalde de Vigo, Abel Caballeiro. A colección ampliarase na vindeira edición da feira que, o próximo ano adíase no calendario ata o mes de abril (entre o 7 e o 10).

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Atlántico, Vigo, David Barro...