Karmelo Bermejo
Son só sete obras pero marcan o inicio dun camiño. A feira de arte contemporánea Espacio Atlántico escribiu este ano unha nova etapa que, ademais do cambio de nome (antes se chamaba Puro Arte) supuxo un cambio de orientación que se plasmou na creación dunha colección. Os responsables do encontro, a empresa Scarpellini Proxectos, quixeron que esa colección de arte con vocación internacional se depositara no MARCO co obxectivo de integrarse na actividade do museo vigués. Nesta galería exhibimos as obras coas que comeza esta nova andaina.