O MARCO albergará a colección de arte da feira Espazo Atlántica

Aínda non se especificou a partida económica para compras

11/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte

É a feira de arte contemporánea que se celebrará en Vigo do 14 ao 17 de xaneiro e que pretende marcar un punto de inflexión na arte galega. Dirixida por David Barro a feira mercará obra coa que conformará a colección Espazo Atlántico. Uns fondos que se depositarán no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, e do que aínda non se falicitou o orzamento. O que si se fixo, a través dunha nota de prensa difundida pola Consellaría de Cultura, entidade implicada no proxecto, “as adquisicións realizaranse tendo en conta os intereses expositivos do MARCO de Vigo, tratando de encontrar a mellor articulación coa liña do museo, de cara a que estas obras se poidan integrar en futuras exposicións do centro”.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Vigo, David Barro, Exposicións...