O CGAC céntrase na performance de Esther Ferrer

A obra da creadora vasca destaca poderase ver ata o 30 de setembro

6/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
30 lecturas | Compartido 0 veces
A obra de Esther Ferrer (San Sebastián, 1937) serve para trazar a cronografía da performance en España. Xénero que cultivou tanto por separado, como integrante do grupo Zaj (disolto en 1996). De feito, foi unha concurrida performance a que serviu de aperitivo da exposición que se inaugura hoxe e coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea chega ao ecuador da programación anual. En catro movimentos é o título que presenta esta mostra que que fai referencia ás claves da obra desta creadora vasca, desde o tempo, a presenza e a repetición. A mostra, coproduciónco ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, ES BALUARD Museu d´Art Modern i Contemporani de Palma e AC/E Acción Cultural Española e o CGAC, estará aberta ata o 30 de setembro.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares