Caixa Galicia trae a Santiago o universo cotián de Jannis Kounellis

Pobre arte rica

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Jannis Kounellis (Grecia, 1936) é un dos máximos representantes da “arte povera”(pobre en italiano), unha corrente artística nacida a finais dos sesenta que reflexionaba sobre as relacións entre os materiais e a obra. Este movemento caracterízase por empregar elementos non tradicionais e de doada obtención, como son lixo, madeira, follas, rocas ou materiais do contorno que o rodean. A exposición que o artista inaugura hoxe na sede santiaguesa da Fundación Caixa Galicia está inspirada na Catedral de Santiago, coa súa tradición de peregrinaxe xacobea e mais na propia sede da Fundación. Aceiro, ferro, camas, mesas, cadeiras, roupa ou calzado son algúns dos materiais que emprega o artista na exposición creada especificamente para este espazo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A neve é negra

A neve é negra

A Fundación Seoane reproduce o universo creativo de Xesús Vázquez

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Fundación Caixa Galicia, Grecia, Catedral de Santiago