O CGAC inaugura a exposición 'Mayte Vieta. O Son do Mar'

As pezas da artista visual pertencen a diferentes períodos e disciplinas artísticas como fotografías, esculturas ou instalacións

As pezas da artista visual pertencen a diferentes períodos e disciplinas artísticas como fotografías, esculturas ou instalacións
Maite Vieta: O paraíso perdido I, 2024 Fonte: CGAC
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugura hoxe a exposición 'O Son do Mar' que reúne as obras da artista visual Mayte Vieta e que poderá verse ata o 19 de xaneiro. A mostra da artista catalá (Blanes, Girona, 1971) reúne, na primeira planta do museo, varias series de pezas, unha delas titulada' O paraíso perdido' e creada especificamente para o CGAC. Estes conxuntos pertencen a diferentes períodos e disciplinas artísticas como fotografías, esculturas ou instalacións. 'Mayte Vieta. O Son do Mar', aborda neste conxunto os temas recorrentes na súa obra como son a memoria, o silencio, a fraxilidade do ser humano e o paso do tempo acompañados polos paisaxes naturais abstractos, escuros e mariños, ou que carecen de referencia espacial. A mostra é unha colaboración coa Fundación Vila Casas de Barcelona, institución especializada na arte contemporánea. Como complemento á exposición, o auditorio do CGAC acollerá esta tarde unha charla na que participará a propia artista xunto coa comisaria, Natàlia Chocarro, e o director do centro, Santiago Olmo.

Ligazóns