Este sábado 9 de marzo o Centro Galego de Arte Contemporánea abre a primeira exposición retrospectiva de ámbito internacional do belga René Heyvaert. Anne Heyvaert e Santiago Olmo comisarían esta proposta que propón unha "reconsideración e relectura global da súa obra partindo dunha mostra da súa arquitectura, e organizando as obras en conxuntos segundo as palabras do artista: permutación, ensamblaxes e repetición, como a vida mesma". O proxecto, que se desenvolve en colaboración co Museo M de Leuven (Bélxica), amosa o traballo deste creador no que se mesturan reinterpretacións de elementos naturais e cotiáns, debuxos que exploran a seriación e a variación ou pezas de arte postal. A exposición estará aberta ata o vindeiro 16 de xuño.
En paralelo, o centro continúa, ata o vindeiro 19 de maio, Homeless, exposición que percorre o traballo realizado entre os anos 1996 e 2018 pola artista galega Ángela de la Cruz. O proxecto, comisariado por Carolina Grau, explora o labor da creadora nos límites "entre a pintura e a escultura, utilizando indistintamente cada unha delas segundo o que queira expresar e a necesidade de cada obra". A mostra recolle unha selección de pezas nas que abunda o emprego de mobles domésticos e o emprego do humor para presentar creacións impactantes "que combinan a tensión formal cunha presenza emocional máis profunda", segundo explica a presentación da mostra.