O CGAC revisa a produción recente de Loreto Martínez Troncoso

O centro compostelán conmemora 20 anos do proxecto Lost in Sound os días 15 e 16 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Imaxe de Contigo y sin ti, de Loreto Martínez Troncoso.

Imaxe de Contigo y sin ti, de Loreto Martínez Troncoso.

Vestiges d'un ici, vestixios de si é o título da exposición que o Centro Galego de Arte Contemporánea lle dedica á obra recente de Loreto Martínez Troncoso. A partir das 20 horas de hoxe e ata o vindeiro 10 de xuño, o CGAC acolle esta exposición na que, con comisariado de Chus Martínez se propón unha "lectura/relectura e ao propio cuestionamento da obra que vén escribindo/presentando nos últimos anos, insistindo nos procesos e nas ideas, nos traballos conxuntos, abertos, xunto ás implicacións das súas intervencións no marco da complexa construción dun tempo presente". Segundo sinala a presentación do proxecto, a mostra "relaciónase especificamente cos espazos do CGAC, permitíndolle explorar diferentes posibilidades de transformación nas obras e no discurso expositivo".

Para alén das obras que se poderán ver, no marco desta actividade prográmase o vindeiro 27 de abril ás 20h a estrea da ópera Euphoria, escrita para a ocasión en colaboración co compositor Ramón Souto.

Antes diso, e en paralelo á exposición o CGAC conmemorará os vindeiros 15 e 16 de febreiro os 20 anos do proxecto Lost in sound. Deste xeito, prográmase a terceira xeira deste encontro dedicado á música electrónica emerxente na que se mesturarán debates e mesas redondas con sesións de picadiscos. Jus Kno´, Viktor Flores ou Lowlight son algúns dos creadores que farán parte da iniciativa.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os 25 de Chelo

Os 25 de Chelo

O CGAC achégase á traxectoria artística de Chelo Matesanz na súa última mostra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)