“Xa traballaba nos anos oitenta cunha linguaxe moi diferente para o seu tempo, pero non só no procedemento e no proceso artÃstico senón tamén na forma”. Isto válelle a Chus MartÃnez DomÃnguez, a comisaria da exposición que revisa a traxectoria de Chelo Matesanz a dicir que é “unha artista fundamental”. Unha sÃntese da súa obra, que resume vinte e cinco anos de carreira pódese ver ata o 8 de xuño no CGAC. Chámase As miñas cousas en observación. Chus MartÃnez selecciona e comenta para culturagalega.org cinco obras que sintetizan este proxecto expositivo dedicado a unha creadora.
Non son moitas as mulleres que teñen exposto no CGAC. Por iso, a de Chelo Matesanz está chea de mitos. Dunha banda, será das primeiras veces que unha profesora da facultade de Belas Artes de Pontevedra, ese centro formativo que supuxo un antes e un despois na creación artÃstica do paÃs, accede ao gran centro público de arte contemporánea do paÃs. Da outra, unha mostra dunha creadora feminina, comisariada por outra muller, Chus MartÃnez.
A exposición nace dunha idea de Chus MartÃnez que atraÃda pola figura de Chelo Matesanz comeza a darlle forma dun itinerario a través do universo creativo desta figura palentina. “Non é galega pero está moi vencellada a Galicia desde sempre”. E pode verse non só na súa actividade docente, senón tamén na artÃstica, onde as cores, as temáticas (non é gratuÃto ver “peliqueiros” na exposición). A través deles perfÃlase unha creadora que, para Chus MartÃnez “traballou sobre o feminismo e a perspectiva de xénero desde un xeito moi diferente do que teñen feito as súas coetáneas, pero tamén na forma. Coa costura traballa dun xeito radicalmente diferente e conseguiu que esa linguaxe fóra un pouco máis alá da mera costura e fÃxoo dun xeito moi distinto dos creadores de hoxe se atenden á costura”.
Cinco pezas para resumir unha exposición
Sen tÃtulo. Producciones Chelo Matesanz (collage, 1995)
Chus MartÃnez explica que "pertence a unha serie de colaxes feitos a mediados dos anos noventa". Sita nun primeiro espazo dedicado ao humor, relacionado coa infancia. "Son composicións icónicas no imaxinario de Matesanz que ofrecen azarosas conexións entre imaxes de cómicas para adultos e literatura infantil" apunta MartÃnez. "Soltan discursos sobre a mirada educada e reprimida. Son obra de pequena escala e gran espazo conceptual que o artista sempre intenta dinamitar" conclúe.
La letra con sangre entra (Pespunte sobre tea, 1994)
"Esta obra exemplifica o traballo de Matesanz que desenvolve coa costura" apunta a comisaria. "Unha linguaxe presente desde os seus primeiros traballos pero que na década dos noventa reivindican como linguaxe artÃstica, substituÃndo a pintura polo pespunte" insiste.Con esta obra "converte unha arrepiante realidade en parodia banaliza o feito artÃstico a través do cotiá".
Lo que Lee Krasner podÃa haber hecho pero no hizo (Tinta sobre papel, 2002)
O cambio de século realiza unha serie de obras nas que reflexiona sobre o procedemento pictórico. "Toma como punto de partida a técnica é o chorreo e o azar. A artista aborda unha serie de pezas que teñen a mancha como protagonista pero formuladas desde o pespunte ou o fieltro. Neste caso a mancha convértese en pintura, en rotuladora. Cambia a pintura lÃquida pola manufactura do rotulador, cambia o azar polo inmediato e a obsesión pola duración do xesto. Con esta serie a artista adopta unha posición crÃtica na reformulación dos camiños da arte" explica Chus MartÃnez.
Peliqueiros (Pespunte sobre lona, 2007)
Explica a comisaria que "Peliqueiros enmárcase no escenario dedicado ao xesto da distancia contemplativa, na observación de escenas costumbristas relacionadas con folclore, que converte en pintura coa ausencia da mesma a través da costura e de colaxes de tea". A atención á tradición sérvelle como un campo suxestivo acerca da paisaxe humana, relacionada co festivo e dando como resultado personaxes esterotipadas que se moven entre a aceptación e o rexeitamento.
ST. (Tea e madeira, 2009)
"Esta ampulosa cabeza está presentada na exposición xunto con outras mediante colaxes, cunha técnica de pegado de teas para ofrecer unha ollada fragmentada" insiste. Son un pequeno bosque de retratos. O conxunto ofrece unha sÃntese de mirada e proximidade corporal. "Estas composicións vólvense táctiles imaxinando a acumulación para sinalar os rastros faciais principais, sobre todo a base de mancha de cores" apunta Martinez.