Xabier Fortes e Antonio José Meilán galardoados cos Premios Folgueira 2025

Están concedidos por Axuntar, a entidade pola normalización do galego de Asturias

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Xabier Fortes e Antonio José Meilán

Xabier Fortes e Antonio José Meilán

O xornalista Xabier Fortes, presentador en TVE, e o catedrático da universidade de Oviedo, Antonio José Meilán, foron galardoados cos premios Folgueira 2025 que concede a asociación Axuntar, a entidade pola normalización do galego de Asturias. Fortes recibirá o premio polo "seu especial aprecio polo galego de Asturias" e o "compromiso manifestado desde os medios pola diversidade lingüística e cultural do Estado". Pola súa banda, Antonio José Meilán é un dos referentes destacados na investigación e defensa do galego de Asturias e coautor das primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Galego de Asturias (1990). O acto de entrega do premio será en Oviedo, no Club de Prensa Asturiana.

Que che parece esta nova?
135 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asturias, Universidade de Oviedo, TVE, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares