A Casa da Cultura do concello asturiano de Castropol acolleu o pasado sábado a entrega dos Premio Folgueira organizados por Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias. Estes galardóns que este ano fan a súa segunda edición distingue a persoas, institucións ou iniciativas polo traballo na dignificación do galego en Asturias. Os dous premios entregados este ano recaeron en Xoan Babarro e Carlos Xesús Varela Aenlle. O acto serviu tamén para presentar o III Informe LingüÃstico del Eo-Navia, de Natalia Jardón, Xabier Barcia e Santiago Somoza no que que se afonda na situación actual do galego en Asturias.
Sobre os premiados, desde Axuntar explican que Babarro (Calvelo de Maceda, Ourense, 1947) dedicou boa parte da súa vida en marcar a fronteira lingüÃstica entre galego e asturiano a través de diversos estudios lingüÃsticos, recollida de relatos literarios de tradición oral. BEntre outras obras de carácter literario Babarro é autor de 'Galego de Astrurias' (Fundación Barrié, 2003) un volume que recolle a súa tese de doutoramento en 1994 na Universidade de Santiago de Compostela e no que abórdase por vez primeira o estudio dun xeito global de tódalas falas nadas na chamada Terra Navia-Eo. Pola súa banda, sobre Carlos Xesús Varela (Castroverde, 1965), Axuntar explica que "dedicou ben de anos pra crear úa obra excelsa, el 'Dicionario del Galego de Asturias' (Universidade de Vigo, 2021), el diccionario de referencia da lingua galega na súa variante asturiana", comentan.