A Real Academia Galega fÃxolle chegar ao presidente da Xunta Xeral do Principado de Asturias, aos grupos parlamentarios e ao Goberno de Asturias o informe aprobado no seu último pleno ordinario a propósito da reforma do Estatuto de AutonomÃa do Principado. O texto analiza a consideración da lingua galega en Asturias ao longo das últimas décadas e detense na proposta de novo marco estatutario -coñecida a través dos medios de comunicación-, que contempla a declaración de oficialidade do asturiano en todo a comunidade autónoma pero limita esta consideración para o galego exclusivamente no seu ámbito territorial. Diante desta consideración, a RAG reclama o mesmo trato para as dúas linguas propias de Asturias, o galego e o asturiano, e critica ademais a escolla do glotónimo "eo-naviego", que parece ter como finalidade "facer invisible a existencia do galego" nas comarcas asturianas estremeiras con Galicia.
"Non é función da Real Academia Galega intervir en cuestións de tipo polÃtico, que son da competencia dos gobernos das respectivas comunidades autónomas; pero si é función dela lembrarlles que unha lingua é un patrimonio cultural merecente de ser salvagardado e que serÃa máis positivo para esa salvagarda unha polÃtica de cooperación e non unha polÃtica de confrontación", conclúe o informe. A Real Academia Galega "arela que o Parlamento do Principado aprobe na reforma do seu Estatuto de AutonomÃa a declaración de oficialidade das dúas linguas propias de Asturias, o galego e o asturiano. E que na posterior lei de uso que se prevé, o galego, na variante eonaviega, sexa oficial en todo o territorio do Principado de Asturias, para que os seus falantes teñan os mesmos dereitos ca os de asturiano, como en Cataluña os teñen os falantes da lingua occitana, denominada aranés en Arán", expresa a institución. Sobre esta cuestión o presidente do Principado, Adrián Barbón, afirmou este martes que ninguén vai dicir "desde calquera outra comunidade" o que ten que recoller Asturias no seu Estatuto de AutonomÃa, segundo recolle hoxe o Xornal da Mariña.
Sobre a substitución do glotónimo "galego" por "eo-naviego" na proposta de reforma estatutaria, a RAG lembra que as fronteiras polÃticas adoitan non coincidir coas fronteiras lingüÃsticas e que a continuidade da lingua falada nunha comunidade veciña é algo coñecido que se repite en Europa. "E nestes casos, que a variedade lingüÃstica en cuestión teña un glotónimo que corresponde á lingua doutra comunidade, neste caso o galego, non é motivo de ningún conflito nin rexeitamento. (....) Entre dúas comunidades e entre dúas linguas que comparten intereses e que deberÃan procurar a colaboración para buscar estratexias de futuro conxuntas, con máis razón deberÃan evitarse confrontacións que só conducen a desunir e a separar, e que só poden ter consecuencias negativas para os falantes destas variedades e para que os seus dereitos como falantes e como persoas sexan recoñecidos e protexidos", advirte a RAG.