En marcha a elaboración do primeiro dicionario oficial do galego de Asturias

A Academia de la Llingua Asturiana creará un comité científico para coordinar o volume

11/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) anunciou a súa disposición a elaborar o que sería o primeiro dicionario oficial do galego-asturiano, é dicir, a variedade da nosa lingua que se fala na comunidade veciña. Segundo declaraba a semana pasada Xosé Antón González, presidente desta entidade, os traballos estimados para elaborar este volume precisarían de catro anos para se desenvolver, e considera imprescindible o apoio do goberno do Principado para os comezar. A Academia nomeará polo momento un comité científico responsable da coordinación do novo dicionario, e fica pendente de financiamento para comezar un traballo de campo para o que considera que son necesarios dous bolseiros durante un mínimo de dous anos anos. A Fundación Parque Histórico del Navia, co apoio dos concellos do occidentes asturiano leva tempo a promover a elaboración desta obra por parte da Academia.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Asturias, Lingua galega

Claves

Lugares