Xosé LuÃs Pensado Tomé, falecido en Salamanca no ano 2000, foi catedrático de FiloloxÃa Románica e FiloloxÃa Galaico-Portuguesa na universidade desta cidade. Ademais, foi membro da honra da Real Academia Galega, correspondente da española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana. Agora, un simposio que se celebra entre Santiago e Negreira, onde naceu este investigador en 1924, reivindica a súa figura.
Cando se compren cen anos do seu nacemento, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, a Universidade de Santiago, o Concello de Negreira e o Centro Ramón Piñeiro organizan o Simposio Xosé LuÃs Pensado. 100 anos (1924-2024).
A facultade de FiloloxÃa da Universidade de Santiago acollerá na mañá do 15 de marzo a primeira sesión do encontro, cunha intervención sobre o traballo deste investigador na edición da obra de Frei MartÃn Sarmiento a cargo de Henrique Monteagudo. O labor de Pensado a reivindicar o traballo do relixioso desde os anos 60 sentou as bases da súa consideración na cultura galega posterior.
Na mesma sesión Alexandre RodrÃguez abordará o perÃodo de Pensado na Universidade de Salamanca, Ramón Lorenzo fará un repaso das súas ideas sobre a gheada na nosa lingua e Xesús Alonso Montero tratará da súa importancia na constitución da lingüÃstica galega moderna.
Durante a tarde, o encontro trasládase á Casa da Cultura de Negreira, onde X. Amancio Liñares falará sobre o centenario do autor e Xosé LuÃs Axeitos informará sobre a relación con Galicia que Pensado mantivo desde o seu posto na Universidade de Salamanca. A xornada rematará coa inauguración dunha placa na casa natal do homenaxeado.