A academia da Llingua Asturiana denuncia que a Xunta quere galeguizar a zona comprendida entre o Eo e o Navia

Unha liorta de lindes

23/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A intención da Xunta de apoiar os galegofalantes de fóra da Comunidade Autónoma provocou unha dura reacción da Academia da Llingua Asturiana. Segundo esta institución, o Goberno Galego “pretende galeguizar” a zona entre os ríos Eo e Navia, onde está científica e historicamente recoñecido que se fala o noso idioma. A Academia da Llingua reivindica “a asturianidade deste territorio” e apunta que loitará para que a acción da Xunta “do Eo en adiante non pasen nin un milímetro”. Esta institución defende que o galego da comarca do Navia é en realidade “asturiano-galego”, unha fala de transición entre as dúas linguas.

Máis información en Galicia Hoxe; web da Mesa en Defensa do Galego de Asturias

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Goberno Galego, Asturias, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares