Galicia e Asturias acordan protexer a costa xuntas mentres a Academia Astur ataca o galego de Navia

Acordos ecolóxicos, desacordos lingüísticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Un Observatorio do Litoral Galego-Asturiano protexerá a costa dos dous países dos ataques ecolóxicos e urbanísticos. O encontro que mantiveron esta fin de semana representantes dos dous gobernos, acordaron a creación deste órgano canda a outros proxectos de infraestruturas comúns. A coincidir con este acordo, chéganos a nova dun informe da Academia da Llengua Asturiana na que nega que a fala da comarca do Navia sexa galego. Estes datos foron xa contestados polo membro correspondente da Real Academia Galega, Carlos Varela, que lle outorgou un "rigor científico nulo" ao texto.

Máis información en La Voz de Galicia sobre os acordos; no sobre a lingua; en Galicia Hoxe sobre o Observatorio

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asturias, Galicia Hoxe, Real Academia Galega, La Voz de Galicia...