Presentación do proxecto Coworkinaos. Fonte: Cluster Audiovisual Galego
Asturias acolle deste este martes 24 de febreiro a rodaxe de Coworkinaos, primeira serie de ficción coproducida pola Televisión de Galicia e Televisión do Principado de Asturias. O proxecto, gravado en galego e en asturiano, é unha comedia sobre as vivencias dun grupo de seis persoas de diferentes idades que comparten espazo de teletraballo no rural.
O elenco do proxecto reúne a Elena Seijo, Esther Estévez e Anxo Branco, pola parte galega, e a Eduardo Antuña, Félix Corcuera e María Cotiello da banda asturiana. Os personaxes da ficción "formarán unha peculiar 'familia' improvisada en que chocan egos e expectativas, dando lugar a situacións próximas e moi recoñecibles", segundo apunta a presentación da produción.
Coworkinaos enmárcase na convocatoria 'Asturias e Galicia crean ficción' da que participan a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e mais a CSAG e a Radiotelevisión do Principado de Asturias e coa que se pretende fortalecer os lazos culturais e lingüísticos e abrir oportunidade para os sector das dúas comunidades autónomas.


