
A mostra conta con préstamos de doce museos europeos e americanos ademais de achegas de coleccionistas particulares. Segundo adiantou a ConsellerÃa de Cultura, a nova exposición "establecerá un diálogo virtual coa obra doutros artistas conceptuais que pasaron antes polas salas do CGAC, e que conforman unha parte importante da historia e da identidade do museo, algúns dos cales foron próximos a Lamelas, como Marcel Broodthaers (Cinéma, CGAC, 1997-1998) ou Bas Jan Ader (In Search of the Miraculous. Treinta años después, CGAC, 2010)".
De xeito paralelo, desenvolveranse actividades como a perfomance Time (1979-2021) do propio artista o dÃa 23, á que seguirá unha conversa entre o artista e o comisario da exposición, Pedro de Llano Neira. Tamén se farán visitas guiadas cada domingo ás 12 horas. A coincidir con este proxecto, o CGAC publicará un catálogo cunha colección de textos do artista combinados con achegas de diferentes especialistas en historia da arte. Ademais, reeditouse e traduciuse ao galego e ao castelán unha das obras máis emblemáticas de Lamelas, o libro de artista Publication, de 1970.
Presentación da reedición de Publication no Youtube do CGAC
Nado en Bos Aires en 1946, David Lamelas é un dos artistas con maior influencia internacional do seu paÃs. Ao longo da década dos 70 o seu traballo experimentou unha veloz maduración que o impulsou desde a escena artÃstica da súa cidade natal, onde participou en diversas actividades do lendario Instituto di Tella, ata integrarse nas redes da arte conceptual que transformaron radicalmente o paradigma artÃstico a partir de 1968.
A súa obra foi mostrada de maneira individual no Kunstverein de Münich (1997), no Museo Tamayo da Cidade de México (2004) e, máis recentemente, nas exposicións retrospectivas que se presentaron no University Art Museum de Long Beach (California, Estados Unidos) en 2017, e no MALBA de Buenos Aires en 2018. Ademais, os seus traballos forman parte de prestixiosas coleccións públicas e privadas e foron incluÃdos en bienais como as de Venecia e São Paulo, en 1967 e 1968, respectivamente, ou, máis recentemente, na Documénta de Kassel de 2017.