Existe un gran debate ao redor da función das enigmáticas rodas que nos últimos anos están sendo descubertas ao longo do territorio galego. Ausentes da memoria e da tradición oral, os investigadores téñense decatando por un uso funerario ou cerimonial destes espazos. Pero a nova intervención na roda de Vilarello (Cereixa, A Pobra do Brollón), que remata hoxe, abre a posibilidade de que moitas deles poidan agachar, en realidade, o nacemento dos poboados fortificados no noroeste peninsular.
Durante as prolongadas xornadas que os arqueólogos pasan no cÃrculo prehistórico de Vilarello (Cereixa, A Pobra do Brollón), o tema sae de cando en vez. Nunha parroquia na que cada metro cadrado, cada pedra e cada lugar está perfectamente identificado na tradición oral, este cÃrculo prehistórico era totalmente invisible mesmo para os veciños que atesouran boa parte das memorias da comunidade. E non pasa só aquÃ, senón que sucede, para sorpresa dos arqueólogos, na maior parte dos xacementos similares que están a aparecer por toda Galicia. Parecen como borrados da memoria.
"É un dos trending topic da escavación", recoñece Rodrigo Paulos, director da intervención arqueolóxica neste xacemento, "a pé de terra non se ve tan fácil, pero se cadra o propio topónimo, Vilarello, estea aludindo ao lugar". Xurxo Ayán, outro arqueólogo que é membro do equipo, coincide con esta hipótese. "Todos estes topónimos derivados de Vilar teñen que ver coas novas poboacións que xorden entre ao redor do século XI. Se cadra nese momento a xente da parroquia aÃnda recoñecÃa que aquà vivira xente e ficou o nome". Un Vilarello pódese entender como unha pequena aldea.
E exactamente iso o que os arqueólogos pensan que é esta rodela de 65 metros de diámetro. Unha pequena aldea fortificada da Idade do Bronce, antecesora do que, séculos despois, serÃan os monumentais castros que encherÃan todo o territorio galego. A campaña arqueolóxica, promovida pola Asociación de Veciños MarÃa Castaña de Cereixa coa colaboración do Incipit (CSIC), remata hoxe.
As hipóteses sobre as súas funcións
Esta hipótese non é asunto menor cando falamos destes xacementos. O fenómeno arqueolóxico dos 'henge' é tan recente como que o primeiro xacemento estudado, a roda de Ventosiños (Coeses, Lugo) aÃnda o foi entre 2011 e 2013. Iso si, debido a que Ãa ser destruÃdo polo paso da autovÃa A-54, o xacemento foi escavado na súa totalidade. As conclusións da intervención establecÃan que no cÃrculo de Ventosiños "o carácter habitacional está descartado, sendo a hipótese máis plausible o emprego deste espazo para o desenvolvemento de actividades de carácter cerimonial". Coa mesma interpretación xeral coinciden os dous arqueólogos que teñen traballado máis estes novos xacementos, Pilar Prieto e LuÃs Cordeiro. Estes investigadores tamén se teñen decantado por un uso "ritual" destes misteriosos cÃrculos que son abundantes nas Illas Británicas ou se ten especulado co sentido funerario destes espazos.
Foxo perimetral da roda de Vilarello. Foto: equipo arqueolóxico
Porén, aÃnda que o volume de metros cadrados das sondaxes é modesto, todo parece indicar aos arqueólogos que na roda de Vilarello vivÃan máis os vivos que os mortos. A intervención, promovida pola Asociación de veciños MarÃa Castaña coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit), practicou varias sondaxes no cÃrculo e tamén realizou unha análise do subsolo con gradiómetro. Esa análise revelou a existencia dunha gran gabia perimetral que cingue esta muralla circular. Unha sondaxe practicada para verificar esta anomalÃa está revelándolles nestes momentos un "gran foxo perimetral de preto de dous metros de profundidade", segundo Rodrigo Paulos.
Este foxo protexe unha estrutura circular, que é onde os arqueólogos focalizaron a maior parte dos esforzos de intervención, e que están dando importantes evidencias tanto para coñecer a cronoloxÃa do xacemento como o seu uso. A Rodrigo, nas visitas previas ao xacemento, chamáballe a atención que precisamente a zona máis alta era a que parecÃa preservar. "Vendo a xeoloxÃa do lugar, que está en ladeira, e que o parapeto máis alto e potente estaba na zona superior, sospeitaba que debÃa haber algo abaixo sustentándoo". Cunha gabia de 9x2 metros, o equipo revelou en primeiro lugar un derrubo masivo de pedras de cuarcita que, cando se retirou, deixou ver un muro de bloques de cuarcita e de lousa. A sorpresa foi que ao retirar a última capa de pedras do derrubo apareceulles "un incendio brutal, no que aÃnda se conservan as improntas de trabes de madeira e cunha rubefacción da terra brutal. Tomamos mostras da coloración dese sedimento, tamén para poder datar o momento no que sucedeu". O incendio atopábase no nivel operacional do xacemento e pode proporcionar datas moi fiables do abandono da roda de Vilarello. Na muralla os arqueólogos tamén se decataron dun detalle que dá conta moi visual das épocas e tempos.
Muralla de Vilarello. Foto: equipo arqueolóxico
O recurso invisible
"Estamos nunha zona de encontro xeolóxico entre as cuarcitas e a lousa de Luarca. E as lousas de Luarca están asociadas a vetas ferruxinosas de limonita, é dicir, de ferro. Observamos grandes bloques de limonita situados na muralla", explica Paulos. O curioso é que a limonita é un recurso de primeira orde para obter mineral do ferro, e por iso foi moi buscada durante a Idade do Ferro e épocas posteriores. Pero aquà colócana como material de construción. "Neste momento, estas xentes aÃnda descoñecen o valor deste recurso, non saben o que é, nin teñen as técnicas e recursos para extraelo".
Machado de pedra. Foto: equipo arqueolóxico
Ese momento é a Idade do Bronce. Outra sondaxe no interior do xacemento está devolvendo grandes cantidades de material cerámico, cerámicas a man co perfil caracterÃstico de finais dese periodo, ao redor do 1000 a.C. e mesmo unha ola in situ, "que parecÃa como se a deixaran, e que craquelou e aà ficou enteira", explica Rodrigo. Pero xunto a esta cerámica, que aparece dispersa polo xacemento e non depositada en foxas, como foi o caso de Ventosiños e a roda de Barreiras, tamén aparecen outros materiais. Un alisador para a cerámica, un machado de pedra duns vintecinco centÃmetros de longo, mans de moer ou numerosos restos de adobe que poderÃan ter valido para as construcións interiores. Hoxe á mañá aparecÃa tamén un aliñamento de furados de poste. Todo iso leva a Paulos a decantarse por "un hábitat da prehistoria".
Os protocastros
A afirmación é novidosa, porque ata o momento os poboados da idade do Bronce escavados en Galicia eran sobre todo aldeas abertas nas que non se observaba ningún tipo de fortificación nin emprazamento estratéxico, aÃnda que en varios castros téñense atopado evidencias dun posible hábitat anterior, da Idade do Bronce. "Vilariño está xa nunha paisaxe distinta, por exemplo, ao emprazamento dos poboados neolÃticos. Xa non ten nada que ver. A esta xente interesáballes máis o val e os seus recursos. Creo que o que vemos en Vilariño é un momento de transición entre a Idade do Bronce máis antiga e o que coñeceremos como o Ferro I, un periodo no que non hai demasiada diferencia. Aquà podemos estar vendo unha especie de protocastro". Os achados coinciden tamén con outros destes xacemento escavados recentemente, o recinto de Castrullos (Parada de Sil), intervido por Breogán ArqueoloxÃa en 2022 e no que tamén o director da intervención, Eduardo Breogán Nieto, se decatan por un castro antes dos castros.
Conforme avanzan as escavacións destes novos xacementos, o taboleiro de opcións, interpretacións e posibilidades para estes enigmáticos cÃrculos parece diversificarse. Paulos está xa pensando nunha campaña que permita escavar en área todo o xacemento, aparentemente en bo estado de conservación, e poder comprender o seu sentido de xeito máis detallado. Polo momento, Vilarello parece facer honra ao seu nome.