Unha nova roda prehistórica en Cereixa

Os arqueólogos escavarán o recinto de Vilarello, na Pobra do Brollón, este verán

30/1/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: arqueoloxíapatrimonio
59 lecturas | Compartido 0 veces

O parapeto de Vilarello. Foto: equipo arqueolóxico

Os peculiares círculos prehistóricos, descubertos para a arqueoloxía galega hai poucos anos, comezan a ser xa espazos familiares para o público en Galicia. Unha nova investigación anunciada onte abordará a intervención arqueolóxica noutro destes monumentos. O equipo científico que está a traballar na parroquia de Cereixa (A Pobra do Brollón, Lugo) e que recentemente avanzou os resultados dun cairn prehistórico no sitio da Muradella (fronteirizo entre este concello e Monforte de Lemos) anunciou onte os inicios do proceso de investigación do círculo prehistórico de Vilarello. Trátase dunha nova rodela de 65 metros de diámetro, en "excelente" estado de conservación, que será posiblemente intervida este verán. O recinto está delimitado por un parapeto de terra e a súa singularidade radica en que no seu interior apareceron materiais moi diversos en superficie, desde unha posible ferramenta pulimentada ata escouras e fragmentos de mineral. Este aspecto é relevante porque ata o momento neste tipo de rodas ou 'henges' non foron atestemuñadas actividades metalúrxicas. Atópase, ademais, nunha encrucillada importante de camiños históricos. A intervención, dirixida polo arqueólogo da Universidad Complutense de Madrid Rodrigo Paulos Bravo, e asesorada polo arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán, tentará determinar a funcionalidade e cronoloxía deste recinto.
o círculo prehistórico de Vilarello

As rodas, novos monumentos da prehistoria

Ver serie completa
11/09/2023

Unha roda vestida de seixo

Remata a intervención na roda prehistórica de Adai (Lugo) constatando a similaridade entre todas as xa escavadas

14/07/2023

Rodas de vivos ou rodas de mortos

A intervención na roda de Vilarello (A Pobra do Brollón) revela unha posible aldea fortificada da Idade do Bronce

19/12/2022

Alma de seixo

Unha intervención nun recinto prehistórico en Parada de Sil desvela o uso dun cinto de seixo na base da muralla

08/11/2022

Na procura dunha segunda evidencia

A segunda campaña de intervención en Outeiro Grande (Lalín) busca precisar a cronoloxía do enigmático xacemento

29/10/2021

Revelar o monumento invisible

Os arqueólogos Pilar Prieto e Luis Cordeiro presentan novas claves para comprender os 'henge', enigmáticas estruturas "rituais" localizadas nos últimos anos

Universo culturagalega.gal

02/04/2025

Na traza dos mineiros galaicos

A investigación da Roda do Castro (Salcedo, A Pobra do Brollón) confirma a elevada actividade metalúrxica nos castros da terra de Lemos

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
6 lugares identificados