A primeira xeira das axudas para a aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Axencia Galega das Industrias Culturais ten xa beneficiarios. O director deste organismo, Jacobo Sutil, reuníase na mañá deste 27 de outubro con representantes dos nove proxectos seleccionados para esta liña de apoios, que distribuíron máis 280.000 euros.
Segundo a resolución, o espazo escénico A Casa Vella, en Allariz, recibirá 41.520 euros para que ampliar os seus usos e traballar na apertura e consolidación de diferentes vías de financiamento. A Sala Ártika de Vigo, pola súa banda, porá en marcha novas ferramentas de márketing dixital e captación de públicos cos 16.000 euros adxudicados.
A produtora Ainé prevé desenvolver un software de xestión integral das súas producións propias cos 42.000 euros que recibirá, mentres Sarabela Teatro abordará a creación de contidos dixitais complementarios aos espectáculos cun apoio de 41.600. A nova compañía Sol de Outono, pola súa banda, conseguiu 10.636 para "a mellora da dixitalización e a apertura de novos mercados e liñas de negocio", segundo informa a Agadic.
No campo da danza, a compañía Kirenia desenvolverá un plan estratéxico cara á súa transformación empresarial, a internacionalización a diferentes países de Europa e Latinoamérica ou a súa formación especializada, para o que conseguiu uns fondos de 42.000 euros. Á súa vez, a plataforma de danza performativa De Corpos Presentes, abordará "a súa apertura a diferentes países de Europa e Asia, así como para a transformación dixital e mellora da xestión empresarial" cun apoio de 15.420 euros.
Un programa de apoio á profesionalización do sector circense valeulle a Pistacatro facerse cunha axuda de 41.600 euros, mentres Ilusions Work resultou adxudicataria de 29.902 euros co proxecto Magic Reality Lab, centrado na aplicación das novas tecnoloxías nos espectáculos de maxia.
A liña de axudas convocárase o pasado mes de maio cun orzamento total de 336.000 euros e a contar con financiamento dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.