Agadic mantén a liña continuísta no apoio ao tecido empresarial nas primeiras axudas que convoca

Destinará 2.275.000 euros a través de seis liñas de axuda

29/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ampliar os programas das artes escénicas e musicais a outros sectores como o das artes visuais e do libro; incremento dun 18% no apoio ás industrias culturais; a posta en marcha do programa de compañías residentes, así como a incorporación de mecanismos correctores na baremación dos proxectos escénicos son as principais novidades da convocatoria de axudas de AGADIC. É a primeira convocatoria deste organismo que continúa na mesma liña de apoio ás industrias culturais iniciada polo IGAEM no 2006. En total, destinaranse 2.275.000 euros a través de seis modalidades de subvencións.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Artes Visuais, IGAEM, Axencia Galega das Industrias Culturais