Cris Balboa representa a Galicia en Bruxelas con 'Roland, mon amour'

A artista foi seleccionada por Europalia dentro dunha mostra das culturas emerxentes periféricas do Estado

  • O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes...

O proxecto As pegadas do baile facilita a aprendizaxe de coreografías tradicionais

O Culturgal acolle a estrea desta proposta de Artur Puga o vindeiro 30 de novembro

  • Un lenzo no chan con pegadas numeradas a indicar os movementos dos diferentes bailes tradicionais galegos. Co nome de As pegadas do baile , esta é a nova proposta de Artur Puga para facilitar o ensino deste patrimonio inmaterial. O vindeiro día 30 ...

A USC bate marcas de uso do idioma galego

O 29,2% das horas docentes impártense na nosa lingua, coa área de Ciencias da Saúde como a máis castelanizada

  • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) daba a coñecer o Informe sobre uso do galego nesta institución durante o curso 2024-2025. No mesmo, a entidade verifica un incremento na presenza da nosa lingua na docencia, que chega aos datos máximo...

Maneiro deixa Heredeiros da Crus

A saída do carismático vocalista provoca incerteza sobre o futuro da decana banda

  • Non sabemos a conmoción que causaría que Mick Jagger deixase The Rolling Stones, porque tal cousa non pasou, agora o que imos saber é o que pasa cando Javi Maneiro deixa os Heredeiros da Crus neste momento doce que o grupo está a vivir na súa se...

Cecilia F. Santomé resulta gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco Amor

A autora vilalbesa recibirá 15.000 euros pola súa obra Boundaries Road SW12 8HD

  • A Deputación de Ourense e mais a Fundación que leva o nome do escritor daban a coñecer este 24 de novembro o fallo da cuadraxésima cuarta edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. A escritora de Vilalba Cecilia F. Santomé impúxose entre o...

A Galería Trinta celebra 4 décadas cunha exposición de obras vendidas

En '40 años de Trinta. Pezas que nunca debín ter vendido' expón unha selección da arte que pasou pola galería e foi adquirida por particulares

  • O 20 de novembro de 1985 abría as súas portas en Santiago de Compostela a Galería de Arte Trinta. Para celebrar estes corenta anos de actividade o espazo ven de inaugurar unha exposición singular que leva como título '40 años de Trinta. Pezas q...

A Deputación da Coruña falla o VII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade

Cada unha das oito propostas seleccionadas recibe un máximo de 12.500 euros

  • Na mañá deste 24 de novembro, a Deputación da Coruña daba a coñecer o fallo da sétima xeira do Premio Luísa Villalta que recoñece proxectos culturais pola igualdade. En total foron oito propostas as seleccionadas polo xurado entre as 22 inici...

O festival de Xixón premia a Ángel Santos e Anxos Fazáns polas súas novas longametraxes

O pontevedrés recibiu o galardón de mellor dirección na sección internacional por 'Así chegou a noite'

  • A 63ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) deixou no seu palmarés o recoñecemento a dúas persoas da escena audiovisual galega actual que amosa a forza do talento creativo do momento actual. Así o director Ángel Santos (Po...

Inés Mosquera imponse no XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A gañadora recibirá 2.500 euros e verá publicado o seu poemario Upupú

  • O Concello de Dodro daba a coñecer este venres 21 de novembro o fallo do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. A padroense Inés Mosquera impúxose nesta xeira do certame co poemario Upupú . A gañadora recibirá un premio de 2.500 e...

O Museo Massó aumenta os fondos de Lugrís con novas adquisicións

Tres cartas náuticas decoradas polo artista e unha vidreira engádense á colección

  • A importante colección e exposición permanente que o Museo Massó ten do artista Urbano Lugrís (1908-1973) aumentou este ano con novas adquisicións. Segundo conta hoxe o xornal La Voz de Galicia, o ente dependente da Xunta de Galicia adquiriu est...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

A Fundación MOP abre ás portas do mundo fotográfico de Annie Leibovitz

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de celebrar o evento de apertura oficial da súa nova exposición 'Wonderland' que mañá xa estará aberta para o público xeral nos Peiraos de Batería da Coruña. 'Wonderland' supón a primeira gran retro...

O rebezo foi a base da dieta nos Ancares hai 17.000 anos

Un estudo revela como humanos e carnívoros compartían espazo na cova de Valdavara

  • Unha nova investigación liderada pola USC no xacemento de Valdavara 1 (Becerreá) debuxa con precisión a vida nas serras orientais galegas tras o Último Máximo Glacial. O estudo, que analiza máis de 2.000 restos faunísticos, confirma unha "anom...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

Manuel López Rodríguez faise co XXV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O galardón da Asociación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria está dotado con 6.000 euros

  • A Asociación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria daban a coñecer na mañá deste 19 de novembro o fallo do vixésimo quinto Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. A obra Ambiente , de Manuel López Rodríguez, impúxose no certame, que cont...

O Consello da Cultura analiza o traballo do Centro Dramático nunha xornada

O encontro, que se pode seguir online, abre un ciclo de debate sobre as institucións culturais galegas

  • A sede do Consello da Cultura Galega (CCG) en Santiago de Compostela acolle este 19 de novembro a xornada Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega . O encontro, que se pode seguir en l...

Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

A cita audiovisual e científica co mundo mariño terá lugar no Teatro AFundación con entrada libre

  • Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afun...

Alba Rodríguez reivindica o labor de tradución de Ruth Matilda Anderson

Laiovento publica Ruth Matilda Anderson. Tradutora nas marxes

  • Para alén do seu recoñecido traballo como fotógrafa da Galicia dos anos 20, Ruth Matilda Anderson desenvolveu un labor pioneiro a levar textos galegos ao inglés. Agora Alba Rodríguez Saavedra reivindícao no volume Ruth Matilda Anderson. Traduto...

Nadadora volve quince anos despois do seu último traballo

A banda indie do Grove presenta o EP 'Mañana y siempre'

  • En febreiro de 2013 o Teatro Lara de Madrid acollía o concerto de despedida da formación Nadadora. O grupo de indie pop orixinario de O Grove pechaba así a súa actividade comezada dez anos antes que os colocara naquel momento como unha banda emer...

O Festival Xociviga achega curtas de 22 nacionalidades ao Carballiño

A estrea de As maos da pulpeira abre este 19 de novembro o encontro audiovisual

  • O Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga celebra entre os días 19 e 23 de novembro a súa nova edición no Carballiño. Na que é a segunda xeira desde a súa renovación, o veterano encontro achega producións de 22 nacionalidades diferen...