Quiosco: Revista Diacrítica vol. 39

A revista da Universidade do Minho analiza as relacións entre Galicia e Portugal

  • A revista académica Diacrítica vén de publicar o seu novo número —o volume 39, número 2 (2025)— baixo o título A Galiza e o Mundo em Português. Relações Culturais . Coordinado por Maria do Carmo Lourenço-Gomes e Márcia Oliveira, o mon...

O Museo do Mar tende unha ponte con Xapón na exposición 'A arte do efémero'

A mostra presenta pezas de arte nipón de dúas importantes coleccións privadas

  • O Museo do Mar de Galicia acolle ata o 25 de xaneiro a mostra "A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga". Esta exposición é un achegamento á arte nipoa a través dos gravados coñecidos co ...

Danse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2025

Recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico 'Sempre en Galicia'

  • O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os oito recoñecementos desta edición. Editorial Galaxia, no eido de Letras; a recuperada Bienal de Pontevedra, na categoría de Artes Visuais; a mostr...

O CDG estrea no Porto a coprodución José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983

A proposta visitará tamén Lisboa e Compostela ao longo do vindeiro mes de decembro

  • O Teatro Municipal do Porto, acolle este 7 novembro na súa sede do Rívoli a estrea da nova montaxe coproducida polo Centro Dramático Galego. José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983 . Con dirección escénica de Gonçalo Amorim, a obra inspírase ...

María Vázquez recibirá o premio Ramón Piñeiro, Facer País

A actriz recollerá o galardón da Asociación Val de Láncara o vindero 29 de novembro

  • A Asociación Cultural Val de Láncara outorgoulle á actriz María Vázquez o XXIII premio Ramón Piñeiro, Facer País. A entidade recoñécelle a Vázquez que "entende que facer país é vivir a lingua, apoiar a cultura e coidar o territorio". O g...

A elaboración de proxectos e a edición protagonizan as I Xornadas de BD Alén do Castelao

A Biblioteca Provincial da Coruña acolle os días 5 e 6 a proposta que coordina a Asociación Autobán

  • A Deputación da Coruña organiza, con coordinación da Asociación Autobán, as primeiras Xornadas Profesionais de BD Alén do Castelao . Esta proposta desenvólvese ao longo dos días 5 e 6 de novembro a tratar os procesos de edición e desenvolvem...

A vila que non chegou a ser

Entre a dilatada secuencia temporal do castelo de Lobarzán, os arqueólogos identifican un poboado altomedieval que non prosperou por motivos descoñecidos

  • Durante moito tempo as dez hectáreas do conxunto arqueolóxico do castelo de Lobarzán e o recinto da Ceada (Monterrei) alimentaron hipóteses sobre en que época se construíran os espazos. Tras varias campañas de escavación, os arqueólogos come...

A diversidade e á inclusión centran o III Foro da Industria Galega do Audiovisual

O encontro FIGA celebrarase do 5 ao 7 de novembro na Coruña

  • O III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) converterá a próxima semana a cidade da Coruña no epicentro da reflexión sobre a diversidade e a inclusión no audiovisual. O encontro celebrarase do 5 ao 7 de novembro no Espacio Avenida e nos...

Cineuropa reinvindica o cine como un espazo público de encontro

A 39ª edición premiará a Jaione Camborda, Jonás Trueba e ao palestino Kamal Aljafari

  • Cineuropa regresa un novembro máis ás pantallas de Santiago de Compostela para celebrar o cinema como espazo de encontro, de reflexión e de liberdade. A súa 39ª edición desenvolverase entre o 7 e o 23 de novembro e abrirá o venres 7 coa proxec...

O CCG afrontará no 2026 unha programación fortalecida na defensa da lingua e dos dereitos sociais

O orzamento da institución medrará un 1,34%

  • O Consello da Cultura Galega disporá en 2026 dun orzamento de 3.337.636 euros, un 1,34% máis que en 2025. Así se coñeceu onte na Comisión Terceira de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, onde a Presidenta do CCG, Rosario Álvarez, rend...

A Consellería de Cultura fai do incremento en fondos para normalización a bandeira dos orzamentos

José López Campos presentou no Parlamento os proxectos do seu departamento para o 2026

  • Un total de 150 millóns de euros compoñen o orzamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para 2026. Así o recolleu na mañá deste 29 de outubro o responsable deste departamento José López Campos, na súa comparecencia ante a Comisi...

O proxecto Laudatio funebris convida a descubrir a morte na Idade Media

A iniciativa de aCentral Folque inclúe unha publicación, roteiros e concertos

  • Coa intención de responder á pregunta "Que significaba morrer na Idade Media?", aCentral Folque presenta a iniciativa Laudatio funebris: Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino da Galiza . Co apoio do Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, o ...

A AELG celebra a XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral en Lugo

A entidade organiza este venres 24 a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria na mesma cidade

  • A tradición oral protagoniza a axenda da Cidade da Muralla ao longo desta fin de semana. A Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega celebra este sábado 25 a XVIII Xornada de Literatura de Tradición...

A nova edición de Kosmópolis 25 conta con destacada presenza galega

Berta Dávila, Yolanda Castaño, Mercedes Peón e Ismael Ramos entre os convidados

  • Esta fin de semana o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB) acolle o festival internacional de literatura amplificada Kosmópolis 25. En colaboración co Consello da Cultura Galega, o festival inclúe destacada presenza galega baixo a p...

O Arquivo do reino de Galicia celebra os seus 250 anos cunha exposición

Pódese visitar nas dependencias do centro na Coruña

  • O Arquivo do Reino de Galicia celebra os 250 anos da súa fundación cunha exposición na sede coruñesa. A exposición, que estará aberta ata o 30 de xaneiro, amosa 61 documentos e 16 obxectos que permiten facer unha idea dos fondos desta instituci...

A falta de recursos e o voluntarismo lastran a acción dos Servizos de Normalización Lingüística

O Consello da Cultura Galega presentou unha análise da situación destas entidades cando se fan tres décadas da súa creación

  • O Consello da Cultura Galega daba a coñecer este 21 de outubro o primeiro estudo que analiza a situación dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que funcionan no noso país. A coinci...

'Mareas Vivas' fai de Laxe Lugar de Interese Cinematográfico

A vila engadiuse ao listado peninsular de espazos de valor no audiovisual

  • Laxe, a vila mariñeira situada no corazón da Costa da Morte, ven de incorporarse a lista de Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) da península ibérica. O recente IXº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península, celebrado en Ou...

A RAG traducirá ao galego as iniciativas lexislativas do Congreso

Un acordo de colaboración entre ambas institucións sitúa á Academia como referencia para o asesoramento lingüístico da Cámara baixa

  • O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas as institucións centrado na formación, o coñecemento e a difusión da...

O CGAC reflexiona sobre a imaxe e os seus límites en Percepción e incerteza

Obras de Joan Fontcuberta, Max de Esteban e Jaione Camborda compoñen a nova mostra do centro

  • Como "unha experiencia inmersiva que, desde a imaxe e os seus límites, propón reformular a tensión entre a percepción e a incerteza". Así define o CGAC Percepción e incerteza , a exposición que, desde o pasado 26 de setembro e ata o 8 de febre...

O Foro Un país coa súa lingua propón 96 medidas a prol do galego

A iniciativa do Consello da Cultura advirte que "faltan unhas condicións mínimas" para a normalización da nosa lingua

  • O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 16 de outubro as conclusións do foro participativo Un país coa súa lingua , que ao longo desde 2025 recolleu propostas para mellorar a situación do galego en diferentes áreas. O documento c...