
O Arquivo do Reino de Galicia celebra os 250 anos da súa fundación cunha exposición na sede coruñesa. A exposición, que estará aberta ata o 30 de xaneiro, amosa 61 documentos e 16 obxectos que permiten facer unha idea dos fondos desta institución central para a memoria de Galicia. Entre os tesouros que se poden visitar, atópase un mapa de catro metros de lonxitude que reproduce os meandros dun tramo do rÃo Ulla ao seu paso pola parroquia estradense de Arnois e que foi elaborado a principios do século XIX, o apeo de bens do conde de Monterrei ou un mazo de escribanÃa con 83 pleitos do século XVI que pesa 24 kilos. Tamén están as cualificacións da materia de Debuxo de Picasso ou Llorens ou as anotacións de Cornide para a elaboración do seu
Ensaio dunha historia dos peixes e outras producións mariñas.