Alberto Vázquez inagura en Santiago a exposición "A caza"

Pódese visitar en Afundación ata o 27 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
Páxina interior de A caza

Páxina interior de A caza

O autor Alberto Vázquez abre no local de Afundación Santiago a exposición "A caza", na que recolle os 22 orixinais do cómico homónimo, co que gañara o Premio Castelao de banda Deseñada da Deputación da Coruña. Conta a historia dun cazador que persegue un animal nun tempo primitivo. A exposición organizouse no marco da celebración do Día da Ilustración o vindeiro 30 de xaneiro e de "Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)", actualmente exposta na sede Afundación de Santiago. A mostra pódese visitar ata o 27 de febreiro e está organizada pola Deputación da Coruña en colaboración con Afundación e comisariado de Jaime Oiza.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Alberto Vázquez, Deputación da Coruña, Primitivo...