A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este 18 de outubro e ata o vindeiro 18 de febreiro a exposición e as actividades de IMAXINARIA, IV edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.
Co lema "a imaxinación como refuxio, inspiración e xermolo fundamental do proceso creativo", a iniciativa achega unha exposición na que se poderán ver traballos de Aitor Saraiba, Alba Blázquez, Berto Fojo, Cristina Daura, David Fidalgo Omil, Kreulla D'enfer, Magoz, Marcos Navarro, Marta Font, Marylou Faure, Natali Umpiérrez, Natasha Lelenco, Nuria Riaza, Olaf Hajek, Perrilla, Rafael Silveira, Twee Muizen e VÃctor Castillo.
Segundo explica a presentación da iniciativa esta mostra "pon o foco nos traballos máis persoais e experimentais dos ilustradores e ilustradoras seleccionadas" que parten de sectores como a pintura, o cómic, o mural, o graffiti, a animación, a moda, o deseño gráfico ou a tatuaxe, e que teñen na ilustración o seu principal medio de expresión. Canda á mostra, o proxecto achega unha serie de actividades paralelas baixo o tÃtulo ANIMiiC. Unha visita guiada coa comisaria Matilde RodrÃguez abre as portas desta iniciativa na tarde do dÃa 18.
De xeito paralelo, a capital galega acollerá entre os dÃas 3 e 6 de novembro a quinta xeira do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. O mallorquÃn Francesc Capdevila Max, a norteamericana Rita Sabler, os galegos Miguelanxo Prado e VÃctor Aparicio, o portugués Mario Linhares, a francesa Marielle Durand, o sevillano Javier de la Rosa, a catalá Gala Pont e a madrileña Paula Varona participan desta iniciativa que dirixe Maru Godás.
Obradoiros de ilustración da man de diferentes figuras convidadas, conferencias, Xornadas de Ilustración Urbana, a exposición Camiñamos para Parar, con obras de Rita Sabler e Miguelanxo Prado, unha mostra de murais, presentacións de libros unha cea concerto con Su Garrido ou unha quedada para debuxar Compostela fan parte do programa desta iniciativa.